Está dispoñíble a nova App para Android “Latingal”. Trátase dun dicionario (offline) Latín-Galego para Android que puxeron en marcha Raúl Gomez Pato e José Carracedo (xa están traballando na versión para IOS).

Ten máis de 30.000 entradas e é moi práctico, versátil e rápido, posto que unha vez instalado non necesita datos para a súa consulta.