AgraDoAnraide8095

O investigador Manuel Mayo participou na 18th Annual Conference of the European Association for the Study of Religions e tamén participará no JiiMA 2021.

Do 31 de agosto ao 3 de setembro celebrouse na cidade de Pisa a 18th Annual Conference of the European Association for the Study of Religions, unha reunión anual celebrada pola EASR. O tema do congreso este ano foi a resiliencia na relixión e decenas de investigadores dos máis diversos campos presentaron as súas propostas sobre este tema.

Neste marco, o investigador en formación Manuel Mayo participou no panel Gods don´t die cunha presentación titulada “Shamanism: a new approach to the animal presence in IndoEuropean religions”. Nel presentou o xamanismo indoeuropeo como un exemplo de resiliencia na relixión e mostrou ao oso como un animal capaz de reinventarse e adaptarse aos diferentes sistemas relixiosos das tradicións indoeuropeas.

Pola súa banda, este mesmo investigador tamén participará na Conferencia de Investigación Interdisciplinar sobre o Mundo Antigo (JiiMA) que se celebrará na Universidade Autónoma de Madrid, entre o 24 e o 26 de novembro. O obxectivo destas conferencias, cuxo tema xirará arredor da natureza e a súa relación coa Antigüidade, é ofrecer aos investigadores de diferentes áreas relacionadas co estudo do Mundo Antigo a posibilidade de presentar o seu traballo e coñecer os campos de investigación dos seus colegas un ambiente académico relaxado e internacional. Así, o investigador en formación Manuel Mayo formará parte dunha mesa sobre Ritualidade cunha presentación titulada “Aves de mal (e bo) agoiro: unha aproximación chamánica ao motivo indoeuropeo da lingua das aves”.​