AgraDoAnraide8095

PERVIGILIVM VENERIS. Alborada de Venus. Vísperas de Amor.
Texto y traducciones gallega y castellana de María Concepción Fernández López. AXAC. Lugo 2020. ISBN 978-84-92658-77-0.

Sesenta anos despois da de Iglesia Alvariño, está nas librerías unha nova traducción galega do Peruigilium Véneris acompañada do texto latino, renovado con meditada fidelidade ó original e á sua transmisión, e de unha traducción castellana, coa misma voluntade de precisión e llaneza, e de emulación da sonoridade e ritmo do verso. O breve cantar é unha gozosa reflexión que anima á festa i ó amor en un paisaxe natural, en momentos sucesivos, da arboreda case que invernal ó xardín floreado de rosas, e dos oríxenes do mundo á historia romana.

O adorno mitolóxico, coa mención de Venus/ Dione i a evocación das praderas sicilianas, menos frescas e máis flóridas quas do PV ou qua nosas agras –A Agra do Andraíde, na cuberta- ven pesando demasiado na interpretación de unha obra que, com’as de Sidonio ou Draconcio, manexa a tradición literaria ó servicio de novas ideas de continuidade vital e familiar, e máis de preocupación pola estabilidade de Roma.

Creemos que tampouco hasta de agora os autores que trataron deste poema teñen parado a escuitar o reiseñor que canta -equívoco tamén, na sua ansia de silencio- nos últimos versos, e fai ó poeta olvidar o seu labor i adormecer ó raialo día.