CURSO DE FORMACIÓN 2019-2020

Curso de teatro grecolatino

Solicitarase o recoñecemento da actividade cunha equivalencia de 20 horas ante o Ministerio de Educación

1. OBXECTIVOS

Coñecer e practicar os mecanismos científicos, pedagóxicos, técnicos e artísticos precisos para o desenvolvemento do ensino e a posta en escena do teatro grecolatino.

2. CONTIDOS

a. Teóricos:

  1. O teatro grego: orixe, significado, difusión e a súa importancia no mundo clásico.
  2. O teatro latino: orixe, significado, difusión e a súa importancia no mundo romano.
  3. A influencia do teatro clásico na cultura occidental.
  4. Bases teóricas para un curto teatral en clase.

b. Prácticos:

  1. Ferramentas mínimas para realizar un curto teatral.
  2. Expresión oral: respiración, vocalización… (exercicios).
  3. Expresión corporal: facial, brazos, corpo… (exercicios).
  4. Movementos escénicos… (exercicios).
  5. Expresión teatral… (exercicios).

c. Elaboración e execución dun suposto práctico teatral.


3. METODOLOXÍA

  1. Clases teóricas para a parte de teoría.
  2. Clases prácticas sobre un escenario onde se desenvolvan todos os exercicios previstos.
  3. Elaboración dun suposto práctico teatral co alumnado.
  4. Exposición pública, mediante representación, do suposto práctico.

 

4. PROFESORADO

– Impartirá o curso o Prof. Jesús Ricardo Martín Fernández, Catedrático de Latín xubilado de Ensino Secundario e director teatral en posesión da Cruz de Alfonso X el Sabio (2019) pola súa contribución á divulgación do teatro grecolatino.

– Actuará como coordinadora do curso a Profa. María Teresa Amado Rodríguez, tesoureira de SEEC-Galicia e responsable do Festival de Teatro Grecolatino.

 

5. LUGAR, DATA E HORARIO

– Facultade de Filoloxía de Santiago de Compostela: aula C-08

– Xoves 14 de novembro, 5, 12 e 19 de decembro de 2019

– De 17:00h a 20:00h

 

6. INSCRICIÓN

Número de prazas: 20

Prezo: socios ordinarios SEEC 10 €, socios estudantes SEEC gratuíto, non socios 30 €

Modo de inscrición:

Solicitarase a inscrición antes do próximo luns 11 de novembro de 2019 mediante un correo enviado á Secretaría de SEEC-Galicia (secretaria@seecgalicia.org) no que se fará constar como asunto “curso de formación” e no que se indicará o nome completo do solicitante, o centro de traballo (de ser o caso) e a dirección de correo electrónico. As solicitudes serán atendidas por rigorosa orde de chegada e terán preferencia os socios de SEECGalicia. O martes 12 de novembro comunicarase a todos os solicitantes a listaxe de admitidos.

Prezados socios e socias:

En arquivo adxunto vai toda a información sobre o curso de formación de profesorado sobre teatro grecolatino que organiza SEEC-Galicia en colaboración co grupo de investigación “Estudos Clásicos e Medievais” da USC.

Nótese que o prazo de inscrición é ata o próximo luns 11 de novembro.

SEEC-Galicia